Un doutor de Pontevedra, entre os mellores médicos de España para a revista Forbes
Por Alejandro Espiño
Forbes, revista de referencia sobre información financeira e de negocios en todo o mundo, editou un libro que recolle aos 165 mellores médicos que exercen en hospitais públicos e privados de España. Entre eles, coouse un pontevedrés.
Trátase de Adolfo Baloira Villar, xefe de Pneumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, que foi un dos facultativos destacados dentro desta especialidade.
Os doutores incluídos no libro Best Doctors Spain, explican desde Forbes, son profesionais sanitarios que destacaron por diferentes motivos no últimos tres anos.
Para iso, a revista tivo en conta factores como a revisión dos seus méritos científicos, os recoñecementos e galardóns recibidos, a súa presenza nos medios de comunicación, a opinión dos pacientes ou as súas achegas en materia de asistencia, investigación e docencia.
No caso de Adolfo Baloira, hai uns meses adquiriu unha gran popularidade tras encabezar o equipo que probou en Pontevedra un tratamento pioneiro con plasma e antiviral para tratar a unha paciente con coronavirus que recaera da infección.
Actualmente, Baloira é ademais o coordinación da unidade de seguimento creada na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés con motivo da pandemia da covid-19.