Identifican 22 persoas e notifican 11 incumprimentos das normas sanitarias en Vilagarcía durante a fin de semana
Por Redacción
Primeira fin de semana de restricións establecidas pola Xunta de Galicia e a Policía Local de Vilagarcía sumou 26 casos de infraccións que foron denunciadas. Once destas infraccións débense ao salto das normas sanitarias mentres que 15 son incumprimentos da Lei de Protección da Seguridade Cidadá.
33 axentes participaron nos diversos operativos realizados durante o sábado e o domingo en Vilagarcía de Arousa para controlar que se cumprían os límites establecidos polas autoridades sanitarias.
Durante estes controis identificouse a 22 persoas. Os axentes realizaron dúas notificacións por incumprimento inxustificado do peche perimetral establecido pola Xunta entre Vilagarcía, Cambados e Vilanova de Arousa.
O principal motivo das denuncias céntrase en saltarse os horarios do "toque de queda" cun total de 10 casos detectados pola Policía Local no municipio. Tamén se denunciaba a unha persoa por camiñar sen máscara e, ademais, abriuse un procedemento contra un establecemento por superar a capacidade de persoas permitida e notificouse o caso dunha festa nun domicilio particular na que participaban persoas non conviventes.