A exposición 'Namórate de tí' xa se exhibe nos escaparates do comercio local
Por Redacción
A exposición reivindicativa 'Namórate de tí' xa se pode ver en escaparates de doce establecemento da rúa Oliva. A mostra fotográfica é iniciativa da Concellería de Igualdade de Pontevedra e o Centro de Información á Muller, con motivo da conmemoración do 25N e permanecerá durante un mes.
Trátase de vinte fotografas realizadas no taller no que participaron sete mulleres en situación de desemprego, risco de exclusión, vulnerabilidade ou vítimas de violencia de xénero. O obxectivo era que aprendesen a quererse e valorarse a si mesmas utilizando a cooperación grupal. A iniciativa foi impartida pola animadora sociocultural Tegra Gómez e a fotógrafa e creativa, Patricia Maquieira.
Tres destas participantes tamén estiveron presentes durante a inauguración da exposición. Foi “unha experiencia fermosa, que
volvería repetir e que me permitiu sentirme libre e seguir loitando"; "a vivencia resultou formidable e a sesión fotográfica fíxome sentir xenial e moi liberada, recomendo a todo o mundo apuntarsea vivir esta experiencia", comentaron durante o acto inaugural.
Entre as responsables municipais, Yoya Blanco, concelleira de Igualdade e tamén de Promoción Económica, dicía sentirse "impresionada polas fotos e por algunhas mensaxes", avanzando que a iniciativa ' Namórate de tí' terá continuidade o ano próximo.
Relacionadas:
-
'Namórate de ti' fomenta o empoderamento e o amor propio coa súa nova edición
Por Redacción |
-
'Mulleres da vila', un recoñecemento ás traballadoras á fronte de negocios
Por María José Pita |
-
Poesía e fotografía para clausurar o obradoiro Namórate de Ti
Por Redacción |
-
RADIO.- 25 N: O comercio local será a sala de exposición das fotografías de 'Namórate de tí'
Por Redacción |
-
Pontevedra 'elevará a súa voz' o 25-N para insistir en que "xa abonda" de minutos de silencio
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Namórate de Ti regresa para empoderar á muller a través da fotografía
Por Manu Otero |