Marín pechará o ano sen débedas bancarias e con algo máis de 2,5 millóns de remanentes para gastos
Por Redacción
O Concello de Marín vai concluír este ano sen ningunha débeda bancaria e cun remanente de tesourería que pode destinar a gastos xerais de 2.588.291 euros. Así se conclúe da reunión que este venres mantivo a Comisión Especial de Contas - composta polos membros da Comisión mensual de Facenda -, e na que se aprobou a Conta Xeral de 2019.
Esta Conta Xeral é un balance financeiro do ano e por tanto, reflicte a xestión económica e orzamentaria do Concello. É o departamento de Intervención o que elabora ese documento técnico, que agora se somete a exposición pública durante 23 días e en referendará no primeiro pleno do ano próximo. A súa tramitación concluirá co envío ao Tribunal de Contas.
A diferenza de anos anteriores, nesta ocasión os Concellos teñen de prazo ata o 22 de xaneiro de 2021 para presentar esta Conta Xeral; unha ampliación de prazos que se permite para compensar a paralización de trámites que se produciron durante os meses en que se prolongou o estado de alarma motivado pola covid-19.
Relacionadas:
-
O Museo de Marín exporá creacións de Manuel Torres asociadas co Nadal
Por Redacción |
-
A Xunta supervisa obras de rehabilitación enerxética e modernización en dous centros educativos de Marín
Por Redacción |
-
A Xunta estima en máis de 5,8 millóns de euros as axudas que percibirán os 900 hostaleiros de Pontevedra, Marín e Poio
Por Oskar Viéitez |