Poio adxudica de novo o contrato para construir un vial na Caeira
Por Redacción
O Concello de Poio adxudica á empresa EC Casas o proxecto de finalización dun novo vial na Caeira despois do cesamento de actividade da anterior firma adxudicataria da obra, Nexia, sen concluír os traballos. O novo contrato foi asinado este martes despois de completar de novo todo o proceso de licitación dunha actuación valorada en 72.000 euros.
Esta nova rúa servirá para conectar as re Río Sil e Umia e terá unha extensión superior aos cen metros. O vial sitúase nunha parcela que aparece definida como chan urbano consolidado no PXOM, nunha contorna no que xa se atopan varias rúas de sentido único, con beirarrúas e prazas de aparcamento. Esta nova conexión provocará que Río Sil pase tamén a ser de dirección única, cun carril máis ancho, máis espazo para aparcar e beirarrúas de 2,5 metros de ancho.
O prazo de execución estipulado para completar as obras é de catro meses, polo que o novo vial estará completamente operativo na primavera do 2021.
Doutra banda, o plantel da Policía Local do Concello de Poio acaba de ser reforzada coa incorporación de dous novos axentes. Os policías ocuparán dúas prazas por mobilidade, un proceso que garante a chegada de profesionais con experiencia dun modo moito máis áxil que o consistente en sacar unha praza para funcionarios.
O corpo municipal de seguridade investiga a un home como presunto responsable de actos vandálicos no parque da Memoria, na Seca, que foi visto facendo derrapes co seu vehículo nunha das zonas verdes do parque.