Pontevedra súmase ao "bloqueo" a Amazon e pide mercar no comercio local
![Alejandro](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/dee/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5624216432-20150128-patxot-alex-espino-002.jpg)
Por Alejandro Espiño
Desde hai semanas son xa moitos os concellos que pediron aos seus cidadáns que, especialmente para a campaña do Nadal, fagan as súas compras no comercio local e renuncien a plataformas como Amazon. A esta corrente sumouse Pontevedra.
Así o afirmou a concelleira de Festas, Carme Da Silva, durante a presentación da programación que o Concello preparou para este nadal tan atípico.
Da Silva pediu expresamente aos pontevedreses "non mercar en Amazon" para contribuír a que os comerciantes da cidade poidan facer fronte á crise económica que xerou a pandemia da covid-19.
"Queremos que os nenos disfruten dos agasallos que con tanto agarimo fai chegar o comercio local a Papá Noel, ao Apalpador e aos Reis Magos", destacou a edil do BNG.
As rúas das cidades, defendeu, "morrerán" sen o comercio de proximidade.