Ponte Caldelas dará un vale de 10 euros por vivenda para mercar no comercio local
Por Redacción
Paga 20 euros e gasta 30. É o lema da campaña municipal coa que se pretende que todos os agasallos de Nadal se merquen no comercio de Ponte Caldelas.
Esta iniciativa, que se estenderá do 15 de decembro ao 15 de xaneiro, suporá unha inxección de 3.000 euros do Concello no comercio local.
Estes cartos repartiranse a través de vales de 10 euros que poderán aplicarse nas compras superiores a 30 euros. Cada vivenda de Ponte Caldelas recibirá un ata esgotar os 300 vales
Os descontos, que serán numerados e nominativos, poderán usarse en tendas de roupa e calzado, comercio para o fogar e decoración, ferreterías, tendas de electrodomésticos, xoierías, tendas de complementos ou librerías.
"Se mercamos en Ponte Caldelas todos saímos gañando. Estamos nun momento no que debemos apostar polo comercio local e de proximidade", explicou o alcalde, Andrés Díaz.