![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/e8d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5fca3c4539-20201204-patxot-lores-luisa-pineiro-0452.jpg)
© Mónica Patxot
O Gran Montecelo, a variante de Alba e a estación intermodal centran a reunión entre Lores e Luísa Piñeiro
![Manu](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/c92/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/613a3b2f4f-20210902-patxot-radio-programa-deportes-1889.jpg)
Por Manu Otero
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/c24/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5fca3c381d-20201204-patxot-lores-luisa-pineiro-0451.jpg)
© Mónica Patxot
A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luísa Piñeiro, continúa coa súa rolda de visitas institucionais. Este venres foi a quenda do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, co que repasou os principais proxectos que ambas as institucións teñen en marcha na capital da provincia.
"O noso interés é avanzar en cousas, repasamos asuntos dos que xa falei co presidente e a idea é que a relación con organismos que dependen da Xunta como Patrimonio, Augas de Galicia ou Portos; que haxa esa interlocución necesaria porque a veces atráncanse os expedientes", resumiu o rexedor puntualizando que "non temos noticias de grandes acordos", aínda que si que analizaron a situación de grandes proxectos como o Hospital Gran Montecelo, a estación intermodal ou a variante de Alba.
"Debatemos sobre proxectos da cidade tanto en infraestruturas como servizos", engadiu a delegada Piñeiro. Durante o encontro centráronse tamén en servizos moi importantes para a cidadanía e o medio ambiente como o saneamento. Ademais, mantense a boa sintonía entre ambas as administracións para poñer en marcha o transporte metropolitano. "O que poidamos achegar desde a delegación, aquí estaremos", concluíu Piñeiro.