A Deputación reivindica o traballo das mulleres do sector primario na campaña "Elas son a forza do Nadal"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A Deputación de Pontevedra lanzou unha nova edición da campaña "Elas son a forza do Nadal" na que reivindica o papel da muller na extensa cadea de traballo que levará esta Nadal alimentos da terra e a costa da provincia ás mesas das familias.
Nesta edición a campaña ten como protagonistas a Bea Reimóndez (peixeira), Marivi Álvarez (viveirista), Margot Cacabelos (avicultora), María González (panadeira), Mariña Álvarez (redeira), Susana González (percebeira), Mari Luz García (gandeira) e Cristina Yagüe e María Falcón (viticultoras).
Na rolda de prensa de presentación desta iniciativa, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou que con esta campaña "poñemos en valor o traballo de produtoras do sector primario que permiten que os produtos cheguen as nosas mesas".
Ademais de reivindicar "a actividade das mulleres que adoita ser silenciado e resulta invisible", á vez que "poñemos en valor tamén o produto local e a sustentabilidade".
Neste sentido, Carmela Silva sinalou que "a pandemia nos lembrou que temos que garantir a alimentación da cidadanía, e facelo dunha maneira que xere a menor cantidade de residuos posibles".
A campaña inclúe un vídeo que pon rostro e voz a todas estas mulleres. Tamén se distribuirá material divulgativo en establecementos de alimentación, mercados e centros vinculados ás compras do Nadal en xeral.
Durante ródaa prensa a presidenta da Federación de Asociacións de Mujeres Rurais de Galicia (Fademur), Rosa Arcos comentou que durante esta pandemia "a xente viu o rural con outros ollos" e a presidenta da Asociación de Cultivos do Baixo Miño (AcuBam) Mariví Álvarez engadiu que "oxalá estas campañas se sigan repetindo porque hai que facer crer á xente no produto local".
Finalmente, Bea Reimóndez, unha peixeira "influencer" do Mercado de Teis que ten unha gran proxección nas redes sociais ha insistido en que "neste Nadal, esteamos os que esteamos sentados á mesa, disfrutemos dos nosos produtos da terra".