Recollida solidaria de alimentos en Barro
Por Redacción
O vindeiro sábado día 12 de decembro, levarase a cabo unha recollida solidaria de alimentos promovida polo veciño Johnny Güimil para facer entrega aos servizos sociais do concello e reforzar desta maneira os recursos dos que dispón este departamento municipal e desta maneira axudar a aquelas familias que peor o están pasando.
A recollida farase entre as 11 e as 20 horas, diante do Centro cívico.
Con esta recollida pode colaborar toda a veciñanza que así o desexe, así como distintas entidades sociais do concello que xa o viñan facendo tamén no Festival solidario que se celebraba no mes de novembro e que este ano tivo que ser suspendido por causa da covid-19.
Desde o Concello agradécese esta iniciativa solidaria, "pois todos os recursos dos que se poidan dispor sempre serán poucos para paliar a situación social que estamos a vivir, por iso sempre son benvidas este tipo de iniciativas solidarias e que ao mesmo tempo serven para canalizar os desexos de colaboración de moitas persoas e colectivos".
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Non hai Entroido sen Os do Val do Lérez: “Temos que ser pacientes e non inconscientes”
Por Natalia Puga |
-
A Federación Galega de Fútbol ponse solidaria coa campaña de Nadal
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Barro celebra a I Festa do Churrasco Interbalcóns
Por Diego Torrado |
-
Johnny Güimil, 37 días poñendo o himno ao confinamento en Barro
Por Natalia Puga |
-
VIDEO.- Un mozo de Barro improvisa unha verbena na súa terraza para animar os seus veciños
Por Alejandro Espiño |