A campaña 'Quen é quen?' ofrece ata 5.000 euros en vales de compra
Por Redacción
A campaña 'Quen é quen?' xa está en marcha. Ata o vindeiro 31 de xaneiro de 2021, o programa Poio Confía, impulsado desde os departamentos de Promoción Económica e Turismo, activan esta iniciativa, poñendo especial fincapé no Nadal, para dinamizar a actividade entre as empresas e profesionais dos negocios locais.
Os negocios interesados en participar poderán adherirse á campaña ata o 22 de decembro. As persoas gañadoras do sorteo daranse a coñecer o martes 29 de decembro.
A campaña ofrecerá ata 5.000 euros en vales de compra, 1.000 dos cales corresponderán a dez premios de 100 euros, para investir nesta rede de negocios, que toca diferentes eidos.
Esta iniciativa segue a liña marcada por parte do Concello de poñer en valor o consumo de proximidade por parte da cidadanía, facilitando que escollan os negocios da localidade para efectuar as súas compras e adquisicións.
A Asociación de Empresas Locais EnPoio, da que forman parte diferentes entidades e profesionais da vila, xa amosou o seu interese por tomar parte nesta iniciativa, que é pioneira no municipio.