A Concellería de Promoción económica crea un plan de emprego con 77 bolsas de 350 euros mensuais
Por Redacción
Os tres concelleiros do grupo socialista, Antón Louro, Carlota Román e Agustín Fernández, presentaron un novo Plan de emprego do Concello. Trátase dun plan "modesto", segundo as palabras da concelleira de Promoción económica, consistente en bolsas para prácticas en empresas dunha duración máxima de 3 meses por unha cantidade de 350 euros mensuais. O Concello farase cargo da alta da Seguridade Social e a cota mensual. As prácticas limitaranse a 4 horas. As prácticas iniciaranse o 1 de outubro tras un proceso de selección de candidatos que finalizará o 18 de setembro.
A Oficina de Emprego será a encargada dunha primeira selección de desempregados que terán que levar un ano empadroados en Pontevedra para despois pasar un segundo filtro a través dos técnicos de Iniciativa Local de Emprego Social (ILES). Terán preferencia os menores de 30 anos ou maiores de 50, as mulleres, os que busquen o seu primeiro emprego e as persoas que pertencen a grupos especiais en materia laboral. Carlota Román insistiu en que "no se trata de un contrato sino de una beca" e será o propio concello o que seleccione as empresas nas que se realicen as prácticas.
Os socialistas sinalaron que é unha proposta realizada grazas aos aforros que a concellaría de Promoción económica obtivo durante os últimos meses.
Antón Louro afirmou que para o próximo presuposto, o PSOE seguirá apostando "pola redifinición de espazos urbanos pero, sobre todo, pola creación de emprego cun orzamento máis amplo, máis potente e con máis recursos". O voceiro socialista destacou que "nunha cidade con case 8.200 parados, ou Concello non pode mirar para outro lado".
Ademais, a Consellería de Traballo concedeu un obradoiro de emprego, informou tamén Carlota Román "después de dos años solicitándolo". ÿ para 24 persoas durante 6 meses con dous módulos especializados, un formulado sobre o mercado de abastos e outro centrado na dinamización turística.
Relacionadas:
-
Máis de 180 desempregados poderán beneficiarse a partir de outubro do II Plan de Emprego Local
Por Alejandro Espiño |
-
Os 77 becarios do Plan de Emprego municipal incorpóranse este martes aos seus postos de traballo
Por Redacción |
-
Pontevedra acumula o sexto mes de descenso do desemprego, con 1.128 parados menos en agosto
Por Natalia Puga |