Acordoan a balaustrada do Museo tras desencaixarse a súa estrutura
Por Alejandro Espiño
A balaustrada situada entre dous dos principais edificios do Museo de Pontevedra, o Castro Monteagudo e o Fernández López, foi acordoada pola Policía Local.
O motivo é que parte da balaustrada desencaixouse da súa estrutura debido a que, segundo o goberno municipal, o chan repisou.
Os técnicos municipais xa supervisaron o estado da estrutura para comprobar, entre outras cousas, que non existía risco de esborralle.
O Concello confirmou a PontevedraViva que xa ordenou a súa reparación.