RADIO.- Pontevedreses, un obxectivo común: a volta ao mundo en trinta días e sen saír da cidade

Por Redacción
Desde o recente 15 de decembro e ata o próximo 15 de xaneiro calquera pontevedrés con disposición a facer exercicio pode colaborar no reto que expón unha inédita edición da popular San Silvestre que tradicionalmente se celebra, camíñase e córrese cada final de ano. Un reto que pasa por sumar entre todos os participantes os 40.000 quilómetros dunha volta ao mundo.
Así que, tanto o pouco máis de 1 quilómetro do roteiro máis curto ata os 37 quilómetros dos dez circuítos; todos suman para alcanzar o obxectivo.
Estos dez roteiros da 'Rara pero San Silvestre', de maior ou menor lonxitude, pódense percorrer sós ou en compañía e ben camiñando, correndo, en bicicleta, en cadeiras de rodas e nos días que se prefira, a condición de que sexan dentro do prazo establecido. Con Tino Fernández, concelleiro delegado de Deportes e Víctor Riobó, codirector da proba, charlamos nestas Conversas na Ferrería.
"É unha proposta de longo percorrido para manter viva a chama da San Silvestre e tamén para fomentar unha vida saudable" comenta o concelleiro socialista, xa que son "uns roteiros que viñeron ademais para quedar" como avanza e explica en PontevedraViva Radio. Riobó anima ademais á poboación tanto polos beneficios que conleva o exercicio, polo "encanto que todos e cada un dos circuítos teñen" e para volver marcar outro fito de quilómetros despois do récord de participación na carreira do ano pasado.
Para incribirse hai que facelo a través da web da Sociedade Gimnástica, entidade promotora desta tradicional carreira; onde ademais vaise deixando constancia dos roteiros que se van realizado. A inscrición é gratuíta e quen o faga pódense beneficiar dos premios que achegan as empresas colaboradoras.
Como sempre, a popular proba, ten un engadido solidario de forma que se solicita unha axuda en produtos non perecedoiros para o Banco de Alimentos e que dadas as limitacións, esta vez hai que levar á sede na rúa Faustino Santalices.
Relacionadas:
-
Deportistas da Gimnástica recolocan as pasarelas desprazadas no Gafos pola enchente destes días
Por Redacción |
-
A 'Rara, pero San Silvestre' ponse en marcha
Por Redacción |
-
Dez circuítos diferentes e un mes para completalos, a aposta para unha "Rara, pero San Silvestre"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |