Humanizan o Camiño do Quinteiro para compatibilizar o paso de vehículos e peóns
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, acompañado pola tenente de alcalde, Lourdes Ovelleiro, inspeccionou o remate das obras de humanización e mellora do Camiño do Quinteiro, na parroquia cerdedense de Tomonde, subvencionadas con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Acometeuse un pavimentado completo do vial de 150 metros de lonxitude e 8,50 metros de ancho, con acabado en aglomerado quente en toda a plataforma, con canalización de tubaxe para recollida de augas pluviais e construción de muros para contención de terras.
Estes traballos priorizaron a harmonización entre o uso peonil e de vehículos deixando unha estética acorde coa súa integración no núcleo rural onde existen elementos de protección patrimonial catalogados polo que foron consensuados coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta dentro dun proxecto singular que servirá de modelo para a recuperación de espazos viais nos entornos rurais de características similares.
Ademais realizouse o acondicionamento dun espazo para zona verde e área de recreo con plantación de céspede artificial, 4 árbores de sombra con cepellón e colocación dun banco de formigón con respaldo e asento de listóns de madeira tropical tratada.
Este tipo de obras de infraestruturas viarias van orientadas a cumprir dúas funcións, "unha a meramente operativa" para facilitar o acceso a vivendas e outra paramejorar a calidade de vida dos residentes no rural "embelecendo os seus espazos, harmonizándoos ao máximo co medio no que están inseridos e favorecendo o uso peonil da veciñanza gañando espazos para a convivencia veciñal e o lecer", segundo o alcalde.
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade completa a mellora do histórico Camiño do Quinteiro
Por Redacción |
-
A mellora viaria do histórico Camiño do Quinteiro encara a fase final
Por Redacción |
-
Volta ao choio nas obras para a mellora viaria do Camiño do Quinteiro
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade proxecta a mellora viaria do Camiño do Quinteiro
Por Redacción |