A Fundación Juan XXIII recolle libros este martes no Hospital Provincial na súa campaña #SOSQUIOSCOS
Por Redacción
A Fundación Xoán XXIII mantén activa a súa campaña para tentar recuperar economicamente os quioscos situados nos centros hospitalarios, dependentes desta organización. Son espazos nos que traballan persoas que forman parte desta Fundación sen ánimo de lucro dedicada á formación e promoción integral das persoas con discapacidade intelectual.
Este martes 22 instalarán unha mesa informativa diante do quiosco situado diante das escaleiras do Hospital Provincia, entre as 10.00 e as 20.00 horas. Alí ofrecerán información sobre a importancia de manter estes postos de traballo.
Ao mesmo tempo recollerán libros que doe calquera persoa interesada en apoiar a esta Fundación. A intención é darlle unha segunda oportunidade a estes exemplares nestes quioscos e, desta forma, aumentar o tráfico de vendas destes establecementos.
Coa primeira doazón entrégase unha tarxeta de "doantes de oportunidades" coas que se poderá ter un aforro do 20% nas compras que se realicen nestes quioscos xestionados por persoas con capacidades diferentes.
Relacionadas:
-
As redes sociais poñen de moda as fregonas que Xoán XXIII elabora para Froiz
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
As asociacións Xoán XXIII e Boa Vida celebrarán o Día do Libro
Por Oskar Viéitez |
-
Doa libros para axudar na campaña #SOSQUIOSCOS e evitar que persoas con discapacidade perdan o seu emprego
Por Redacción |