Un cuarto premio da Lotaría de Nadal, o 75981, reparte 2,4 millóns de euros en Cambados
Por Alejandro Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Cambados converteuse nunha das localidades galegas con maior fortuna neste sorteo extraordinario de Nadal da Lotería Nacional. Alí repartíronse 2,4 millóns de euros grazas a un cuarto premio, o número 75981.
Nesta localidade do Salnés vendeuse gran parte deste cuarto premio. Foi concretamente na praza de abastos, onde se repartiron 120 décimos do 75981.
Cada un destes 120 décimos está agraciado con 20.000 euros.
A pesar de que esta administración tiña consignados 600 décimos, finalmente, tras restar as devolucións, comprobouse que repartiron 120.
Este cuarto premio tamén se despachou no Porriño, onde caeron varios premios deste sorteo, segundo informa Loterías e Apostas do Estado.
Relacionadas:
-
A sorte sorrí a O Grove e Cambados: reparten 6 millones na Lotaría de Nadal
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Dous quintos premios da Lotaría de Nadal 'salpican' a Pontevedra, Ponte Caldelas, Moraña, Caldas e Meis
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Un repartido quinto premio, o 43831, deixa bos beliscos en Pontevedra, Meis e Moraña
Por Alejandro Espiño |
-
O Gordo deixa 4 millóns de euros no Grove tras venderse dez décimos do 72897
Por Alejandro Espiño |
-
Caldas e Ponte Caldelas reparten un quinto premio da Lotaría de Nadal, o 86986
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada