O ximnasio municipal de Poio despide o ano con novo material
Por Redacción
Preto de 10.000 euros vén de investir o Concello de Poio para renovar o material deportivo do ximnasio municipal, situado na zona da Seca.
Estes cartos foron achegados pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos e, inicialmente, estaban destinados a organizar unha das etapas da Volta a Galicia que acabou sendo cancelada pola covid-19.
Parte do financiamento investiuse na dotación dunha nova superficie para o tatami, onde desenvolven a súa actividade os clubs de taekwondo e kickboxing.
Ademais, adquiríronse cintas, pesas ou elementos para a práctica do 'fitball'.
Todo este material permitirá que Poio poida facilitar "dentro do contexto no que nos atopamos", destacou a edil de Deportes, Marga Caldas, a práctica de hábitos saudables entre a veciñanza.
O ximnasio municipal da Seca permanece operativo durante estas datas de Nadal, a excepción do 24, 25 e 31 de decembro, así como dos días 1 e 6 de xaneiro.