Reabre o ximnasio municipal da Seca tras as obras de mantemento feitas en agosto
Por Redacción
Despois de estar pechado durante todo o mes de agosto, o ximnasio municipal da Seca xa ten todo preparado para volver a recibir os seus usuarios. As instalacións reabrirán desde este mesmo luns, segundo informou o Concello de Poio.
O horario será de 16.00 a 23.00 horas, de luns a venres.
As tarefas de mantemento que se levaron a cabo durante as últimas semanas consistiron no pintado do interior, así como a realización de pequenas reparacións. De cara ao futuro, o Concello prevé realizar melloras nos vestiarios.
O ximnasio municipal reabrirá as súas portas cumprindo con todas as medidas que marcan as autoridades sanitarias pola pandemia da covid-19. O aforo máximo será do 50%. Ademais, deberán respectarse as distancias de seguridade e utilizar máscara en todo momento.
Estes traballos de mellora realizáronse un meses despois de que a Concellería de Deportes dotase ás instalacións de novo material deportivo. Investíronse uns 10.000 euros na adquisición de cintas, pesas e elementos de fitball.
O ximnasio experimentou tamén unha importante renovación a través das obras de mellora de eficiencia enerxética que se desenvolveron ao longo do último ano.
Relacionadas:
-
Convenio para que os deportistas de elite de Poio poidan adestrar no ximnasio municipal da Seca
Por Redacción |
-
Conclúen os traballos de mellora de eficiencia enerxética do ximnasio da Seca, en Poio
Por Redacción |
-
O ximnasio municipal de Poio despide o ano con novo material
Por Redacción |
-
O pavillón da Seca e o ximnasio municipal de Poio estrearán 2021 cunha mellor eficiencia enerxética
Por Redacción |