Conclúen os traballos de mellora de eficiencia enerxética do ximnasio da Seca, en Poio
Por Redacción
O concelleiro de Urbanismo e Promoción Económica do Concello de Poio, Gregorio Agís, comprobou este xoves o remate das obras do ximnasio municipal da Seca.
Cun investimento de 124.000 euros, a obra consistiu na mellora enerxética da instalación através da renovación integral da fachada exterior, así como da cuberta. Tamén se reformou a entrada principal, que agora está adaptada para persoas con mobilidade reducida, e substituíronse as xanelas e a iluminación.
Os traballos no pavillón da Seca tamén están rematados nun proxecto que segue a mesma liña que o do ximnasio.