Corenta e cinco persoas denunciadas por incumprir no Nadal as restricións pola covid-19
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Ata 45 denuncias presentou a Policía Local de Pontevedra contra persoas que, durante esta primeira semana de Nadal, incumpriron as restricións impostas pola alta incidencia da covid-19 na nosa cidade.
Trece destas denuncias foron por beber alcol na rúa e outras dez por non levar máscara, segundo informou a portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías.
Os axentes da Policía Local propuxo para sanción a oito persoas que incumpriron o toque de queda, a cinco que non respectaron o peche perimetral e a cinco que se reuniron no mesmo domicilio sen ser conviventes.
Ademais, entre as denuncias presentadas tamén figuran dúas persoas que fumaban na vía pública sen respectar a distancia de seguridade e outras dúas persoas por faltar ao respecto á autoridade.
Estas denuncias corresponden a período que vai entre os días 21 e 27 de decembro.