Os Reis Magos percorrerán Ponte Caldelas en vehículos clásicos convertibles
Por Redacción
As súas Maxestades de Oriente non celebrarán este ano cabalgata en Ponte Caldelas, pero si visitarán todas as parroquias do municipio o vindeiro martes 5 de xaneiro.
Farano nunha comitiva escoltada pola Policía Local utilizando coches clásicos convertibles para poder saudar a todos os nenos e nenas antes da súa gran noite.
Melchor, Gaspar e Baltasar serán recibidos oficialmente ás 11.00 horas no Concello de Ponte Caldelas polo alcalde, Andrés Díaz, e partirán ás 11.30 horas para percorrer os diferentes lugares e parroquias. Así está previsto o seu paso por Pazos (11.35h), Forzáns (11.45), Caritel (11.55), A Esfarrapada (12.00), Anceu (12.05), Barbudo (12.20), Chaín (12.30), Regodobargo (12.45), Silvoso (12.55), Insua (13.00), A Roca (13.05), Rebordelo (13.15), Praza de España (13.25) e Laxoso (13.40).
Tras unha pausa para comer, seguirán pola tarde empezando ás 15.05 horas no centro urbano para seguir por Paradela (15.20), Gradín (15.25), Parada (15.35), Taboadelo (15.50), Xustáns (16.00), Baltar (16.10), A Reigosa (16.15), Vilarchán (16.25), Contixe (16.30), Mirón (16.40), Buchabade (16.50), Tourón (17.00), Cuñas (17.10) e de novo o centro da localidade para terminar o seu roteiro (17.10 horas).
Desde o Concello de Ponte Caldelas trasladaron un agradecemento público ao Club AVA Pontevedra (Amigos dos Vehículos Antigos) pola súa colaboración para organizar esta especial comitiva.