Os Reis Magos chegarán a Vilaboa nun tren turístico
Por Redacción
Os Reis Magos chegarán este martes a Vilaboa nun tren turístico e nel percorrerán as principais parroquias do municipio arroupados polo seu séquito, cumplindo así coas esixencias sanitarias e de distanciamento social impostas pola Covid-19.
A cativada de Vilaboa poderá ver as Súas Maxestades desde unha distancia prudencial e mantendo a ilusión da visita real. A comitiva comezará o seu percorrido partido do peirao de San Adrián ás 15.45 horas e chegará media hora despois ao adro das festas de Santa Cristina. Ás 16.40 horas o tren turístico que transportará aos Reis Magos chegará a Acuña, donde percorrerá Regueira, Novás, Casal de Santa, Outeiro, Cabadachan, Río e Cinadevila.
Ás 17 horas estarán xa en Figueirido, deixándose ver en Pazo, Borrateiros, Canaval e Alcouce. A seguinte parada será en Bértola, ás 17.30 horas, para percorrer Outeiro, Rial, Pedrouzo e Santa Marta. Por último os Magos de Oriente chegarán a Toural, donde serán obxeto dunha recepción oficial por parte do alcalde, César Poza, xunto a varios compañeiros de goberno.
Os horarios de paso da Cabalgata son aproximados polo que se recomenda a quenes queiran contemplar á comitiva real estar un pouco antes da hora programada e sempre gardando as distancias de seguridade e cumprindo as normas sanitarias.
A cabalgata de Reis é a última das actividades programadas este Nadal polo Concello de Vilaboa, que hai uns días, coincidindo coa visita á vila do Apalpador fixo entrega dos premios nas diferentes categorías do Concurso de Postais. Gabriel Gómez, Aaron Soto, Leire Couso e Carla González foron os gañadores desta edición.
Hai uns días a asociación de veciños de Figueirido procedía tamén á entrega dos dous premios correspondentes ao alumeado de Nadal nas vivendas da parroquia, que recaíron en Lupe Braña e Jesús Díaz.