Rematan as obras de mellora do saneamento e o abastecemento en Arealonga – O Marco
Por Redacción
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, e o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, visitaron este xoves o proxecto rematado no Camiño de Arealonga – O Marco, na parroquia de San Xulián, grazas ao cal se melloraron as condicións de habilitabilidade desta zona, mellorando os servizos municipais de saneamento, abastecemento e accesibilidade.
Instaláronse as tubaxes dedicadas a estes servizos, que conectarán con acometidas domiciliarias residuais, separativas e de abastecemento.
Con esta obra tamén se renovou o pavimento desta estrada e se realizou un desbroce e limpeza de todo o terreo, retirando a maleza e o material de refugallo.
O proxecto foi levado a cabo pola empresa Construcciones Vale SL por un importe total de 37.955 euros.