O número de mortes en Galicia por covid este luns é de 12 persoas, unha delas na súa vivenda en Pontevedra
Doce persoas perdían a vida este luns, segundo notificaba a Consellería de Sanidade, debido ao coronavirus. Entre elas atópase unha muller de 87 anos, que falecía no seu domicilio particular no municipio de Pontevedra.
Coa morte desta muller a cifra de falecementos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés ascende a 88 persoas desde que comezaron a notificarse as vítimas da pandemia. Trátase da cuarta vítima que se rexistra no últimos tres días no municipio, tras notificarse outros tres decesos por covid-19 durante a fin de semana no Hospital Montecelo.
Á muller pontevedresa hai que sumar dúas mortes na provincia, unha muller de 92 e un home de 83 anos, que falecían no Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica. A muller procedía da Residencia Moledo de Vigo.
Ademais, hai que sumar a perda dunha muller de 91 anos no Complexo Hospitalario da Coruña; tres mulleres de 88, 87 e 76 anos no Complexo Hospitalario de Ferrol; dous homes, de 93 e 84 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago; un home de 84 anos na residencia San Bartolomeu de Xove; outro home, de 95 anos, na residencia DomusVI de Vimianzo e, por último, unha muller de 104 anos de idade na residencia Santa María de Verín.
Segundo a Consellería de Sanidade, todas estas vítimas diagnosticadas coa enfermidade do covid contaban con historiais nos que figuraban enfermidades previas.
Estas doce mortes producidas nas últimas horas elevan a 1.462 persoas falecidas en Galicia por coronavirus desde que transcenden os datos de mortes provocados por esta doenza.
Relacionadas:
-
Lores aposta por ir "partido a partido" analizando a evolución sanitaria antes de decidir que facer co Entroido pontevedrés
Por Anxo Lourido |
-
A área sanitaria supera os 90 novos positivos nunha xornada cun 23% de positividade
Por Natalia Puga |
-
Solicitan reforzos de persoal de limpeza no Complexo Hospitalario de Pontevedra para afrontar as dificultades que provoca a pandemia
Por Redacción |
-
Fréase a subida de contaxios en Pontevedra e Marín, pero empeora en Poio
Por Oskar Viéitez |
-
O cribado realizado na Illa chegou ao 90% da poboación e fixo aflorar oito asintomáticos
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Aumenta a presión asistencial na área sanitaria, con 55 pacientes hospitalizados e 68 novos positivos nun día
Por Natalia Puga |
-
Cinco falecementos por covid-19 en Galicia durante esta xornada, un deles en Montecelo
Por Redacción |