O coordinador de Urxencias de Montecelo asegura que o mellor tratamento contra a covid é a vacinación masiva
Por Oskar Viéitez
O coordinador do servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, o doutor Javier García Vega, é un dos profesionais sanitarios de Galicia que xa recibiron a primeira dose da vacina de Pfizer contra a covid-19. Segundo dixo, "a día de hoy, el mejor tratamiento que tenemos contra el SARS-Cov-2 es la vacunación masiva".
O xefe de Urxencias de Montecelo insistiu en que "a pesar de haber pasado la COVID, los expertos recomiendan la vacunación".
Neste sentido, García Vega sinalou que "hay muchas personas que están siendo reacias a vacunarse por haber pasado ya la enfermedad, pero hay que tener claro que eso no contraindica la vacunación y se recomienda hacerlo".
Doutra banda, o doutor Javier García Vega apuntou que "los tan temidos efectos secundarios de estas vacunas son iguales que los que pudiera presentar cualquier otra, en general muy leves y pasajeros en un margen de tiempo de entre 24 y 48 horas".
Relacionadas:
-
Dezasete persoas vacináronse "por un erro" en Pontevedra sen cumprir os requisitos de Sanidade
Por Alejandro Espiño |
-
As persoas maiores de 80 anos serán as seguintes en recibir a vacina da covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
Sanidade notifica nove vítimas de covid en Galicia este domingo, unha delas en Montecelo
Por Redacción |
-
VIDEO.- O Sergas empezou a administrar este domingo a segunda dose da vacina
Por Oskar Viéitez |
-
Agrávase a situación da área sanitaria con 91 novos contaxios nas últimas 24 horas
Por Oskar Viéitez |
-
Cen contaxios máis este sábado na Área Sanitaria
Por Oskar Viéitez |