O Porto de Marín pecha o 2020 cunha caída do 15 % nos seus tráficos
Por Redacción
O Porto de Marín pecha o exercicio 2020 cun movemento total de 2.100.000 toneladas. A pandemia, que afectou á actividade portuario ao longo de todo o ano, motivou que os tráficos caesen un 15 % con respecto ao período anterior.
Informan desde a Autoridade Portuaria que a caída se debe á actual crise sanitaria, que repercutiu de forma directa en case todos os transportes, pero principalmente ás operacións de froita.
As mercadorías que mellor resistiron foron as relacionadas con produtos esenciais para os mercados, como os graneis agroalimentarios onde os cereais e as súas fariñas crecen un 7% ou a pesca. Dentro dela destaca o crecemento dun 10% da pesca fresca cun incremento tamén do 17% no valor de primeira venda.
No capítulo de mercadoría xeral crece significativamente o apartado de aparellos, ferramentas e maquinaria, no que se integran os compoñentes eólicos e o peixe conxelado.
Relacionadas:
-
O Porto de Marín experimentou neste ano unha suba do 3% en volume de mercancías
Por Redacción |
-
O Porto de Marín retira residuos submarinos da dársena de Praceres
Por Redacción |
-
Despregue na ría de Pontevedra por un simulacro de perda de dous bidóns con carga química
Por Oskar Viéitez |
-
A descarga de peixe conxelado intensifícase no Porto de Marín
Por Redacción |