Vilaboa renovará o suministro de combustible a través da Plataforma de Contratación do Estado
Por Redacción
A Corporación Municipal de Vilaboa aprobou por unanimidade na sesión plenaria de xaneiro a adhesión á Plataforma de Contratación do Estado, o que supón a inmersión do Concello nunha profunda reforma dos procedementos administrativos buscando unha maior transparencia na licitación dos servizos públicos, facilitar a libre concorrencia dos potenciais licitadores e reducir a carga de traballo derivada dos expedientes.
Esta ferramenta permitirá ao Concello de Vilaboa unha optimización dos recursos públicos xa que a dixitalización dos expedientes facilita aos proveedores o acceso á información e á documentación e é por tanto un aliciente para concurrir ao procedemento de adxudicación.
O Goberno de Vilaboa acomete así unha profunda modernización dos procedementos administrativos para que o Concello sexa máis eficiente e máis transparente.
Desde a entrada en vigor da Ley de Contratos do Sector Público (LCSP) as administracións están obrigadas a adaptar o seu funcionamento ao formato electrónico, un proceso complexo para concellos pequenos que acusan a falta de medios e de persoal pero que conta entre as principais vantaxes a simplificación de cargas administrativas e o aforro de costes, traducíndose nunha maior calidade das ofertas.
O primeiro servizo que o Concello renovará a través da Plataforma de Contratación do Estado será o de suministro de combustible, que sairá a licitación por 1 ano prorrogable outros 5, e cuias bases confía en que resulten atractivas para os licitadores a fin de contar con diversas propostas.
Na carteira de renovacións próximas quedan os servizos de mantemento e reparacións de saneamento e abastecemento municipal; mantemento de suministros eléctricos; de equipamentos informáticos e as redaccións dos contratos de suministro de material de oficina, de telefonía, de riscos laborais e de xestión do persoal.