Completada a mellora do Paseo Manuel Cordo Boullosa
Por Redacción
A mellora do Paseo Manuel Cordo Boullosa iniciada o pasado xoves xa foi completada pola empresa adxudicataria das obras. O vial ten agora sentido de baixada dende a Estrada de Laxoso ó Paseo do Río e conta con dous reductores de velocidade.
Na zona de aparcamento determinouse unha zona de servizos e outra de carga e descarga e, ademais, reservouse unha praza de aparcamento para persoas con mobilidade reducida, situada frente á Farmacia.
O Concello de Ponte Caldelas continúa traballando "para mellorar Ponte Caldelas para todos os veciños", explica o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz.
A mellora do Paseo Manuel Cordo Boullosa foi executada pola empresa Construcciones Fechi SL. e tivo un custo de 14.649 euros, IVE non incluído.
A obra contemplou a pavimentación e compactación con aglomerado de 5 cm; a recolocación de todas as tapas de rexistro, a colocación de dous reductores e velocidade, o pintado da sinalización horizontal e a colocación de sinalización vertical. Instaláronse tamén bolardos no vial paralelo ó río para que queden ven determinados os dous carrís de circulación.