Tres feridos na colisión entre tres coches en Sanxenxo
Por Redacción
Tres persoas resultaron feridas con carácter leve tras verse implicados nun accidente de circulación rexistrado a media mañá en Sanxenxo.
O sinistro produciuse ás 11.17 horas na estrada PO-308 ao seu paso pola avenida de Galicia, diante da praia de Baltar, segundo informou o Servizo Local de Xestión de Emerxencias do Concello de Sanxenxo.
No accidente víronse implicados tres turismos. Consistiu na colisión por alcance entre os tres, un Suzuki, un Audi e un Peugeot.