Cuntis retoma os traballos de posta a punto das sendas
Por Redacción
O Concello de Cuntis mantén a súa aposta polo turismo a través do arranxo dos danos ocasionados polos últimos temporais na senda fluvial do río Gallo e Patelas.
Os operarios municipais xa puideran retirar o pasado mes as vellas pasarelas de madeira que servían para cruzar o leito e agora é a quenda do firme que, debido ao aumento do caudal, presentaba numerosos defectos que foi necesario reparar.
O obxectivo do executivo cuntiense é preservar a seguridade do roteiro.
Os traballadores comezaron este martes co adondicionamiento do paseo á altura do Espadenal. Tamén están a actuar no río da Patela para arranxar calquera tipo de dano ocasionado polos temporais.