Tino Fernández sobre ENCE: "Ameaza a todo un goberno como se as empresas puidesen decidir o que vai nunha lei ou non vai"
Por Anxo Lourido
Este luns Tino Fernández, portavoz do grupo municipal do PSOE, e o letrado Pedro Hermida Paredes presentaban ante a Fiscalía de Pontevedra unha denuncia instando o Ministerio Fiscal a investigar ao Grupo Ence por supostos delitos ambientais, contra a saúde das persoas e por ameazas.
O tamén tenente de alcalde explicaba minutos máis tarde que esta denuncia se presenta pola gravidade das palabras emitidas nun vídeo interno polo presidente do grupo empresarial, Ignacio de Colmenares ao alertar dos riscos da fábrica de Lourizán. Unha afirmación que os socialistas consideran que podería ser constitutivas de delito.
Tino Fernández indica que, aínda que a empresa afirme que esas palabras estaban descontextualizadas, Ignacio de Colmenares "dixo o que dixo sabendo o que dicía porque é o presidente do grupo. Cando o grupo empresarial informa do que está a pasar na empresa, antes debería informar o seu presidente. Ou o presidente non sabe ou hai unha descoordinación absoluta na fábrica. As circunstancias son graves e serias".
O representante socialista explicaba que agora o Ministerio Fiscal será quen realice os trámites e "nos tranquilice ou intranquilice", para engadir que a "fábrica non está a actuar con limpeza informativa nin niso nin en nada". Sinala Tino Fernández que a empresa "leva embarullando o terreo de xogo desde hai tempo" referíndose a que mestura a Lei de Transición Ecolóxica coa concesión que a fábrica pasteira ten para permanecer na ría.
"Xa se lles explicou desde as máis altas estancias do ministerio ao señor presidente de Ence que non hai vinculación entre o artigo e a factoría. Quero tranquilizar aos traballadores. A nós o que nos preocupa son os postos de traballo. Loitamos para que non peche e que se traslade", afirmou para, a continuación, lamentar que "parece que é a fábrica a que non ten interese para o traslado na comarca e si para máis lonxe".
Neste sentido, sinalou que a empresa "ameaza a todo un goberno permitíndose o luxo de ameazar coma se as empresas puidesen decidir o que vai nunha lei ou non vai" e asegurou que Ence está a empregar unha "utilización torticeira dun argumento falso para sacar un maior rédito económico ou empresarial".
Lembrou que "Ence ten un problema, que é a Audiencia Nacional e terá que resolverse coa sentenza que se emita. O tema está xudicializado e aí determinarase o alcance da concesión" en referencia ao caso que se leva nese tribunal sobre a concesión á permanencia na ría ata 2073 realizada polo goberno de Mariano Rajoy en 2016.
De cara ao futuro, Tino Fernández sinalou que o Concello quere que Ence marche de Lourizán pero que permaneza na comarca e que os postos de traballo sexan garantidos pola empresa, a quen lle reclama sentar co persoal para explicarlles "a verdade da situación". Ao mesmo tempo, o portavoz do PSOE pide ao comité de empresa que reclame responsabilidade á dirección da pasteira.
Ao mesmo tempo, Fernández quixo dirixirse á Xunta de Galicia para reclamarlle que deixe de exercer como "delegación da empresa e actúe como administración e tome as medidas oportunas de investigación. Non vale con fotocopiar as notas de prensa de Ence, ten unha responsabilidade importante e debe cumprila".
Relacionadas:
-
Domínguez sobre a declaración de persoa non grata a Colmenares: "pediría deixar os insultos e que se comece a traballar por crear emprego"
Por Redacción |
-
A comisión de comités de ENCE sobre Ignacio de Colmenares: "Cremos que se necesita outro talante para asegurar o noso futuro"
Por Redacción |
-
A APDR pide ao secretario de Estado de Medio Ambiente que non ceda ás "ameazas" de Ignacio de Colmenares
Por Redacción |
-
O PSOE denuncia ante Fiscalía as declaracións de Colmenares sobre a seguridade en ENCE
Por Redacción |
-
Fiscalía investigará a seguridade en ENCE tras advertir o seu presidente dun posible "susto ambiental maiúsculo"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
A APDR denuncia no xulgado de garda o presidente de ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
"Xa os sufrimos 60 anos", di Lores sobre ENCE, "e xa é hora de que se vaian" para recuperar a ría
Por Alejandro Espiño |
-
A sección sindical de CC.OO asegura que Ence é segura e insiste en modificar o artigo 18.4 da nova lei do Cambio Climático
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
O comité de empresa de Ence recoñece que a Xunta e a empresa "están a mirar cara outro lado" e pide implicación ao Goberno estatal
Por Redacción |
-
O Concello esixe a ENCE que aclare as "escandalosas" afirmacións de Colmenares sobre a súa seguridade
Por Alejandro Espiño |