246.000 euros para evitar a lexionelose nos sistemas de calefacción e auga quente sanitaria das instalacións municipais
Por Redacción
A legioneloxe é unha enfermidade coñecida como a do lexionario, que se produce por bacterias que se atopan nos sistemas de subministración de auga. Estas bacterias sobreviven en ambientes húmidos e cálidos en edificios de grandes dimensións. Esta enfermidade pode causar danos cerebrais ou mesmo a morte.
Este luns 8 de marzo, a Xunta de Goberno Local de Pontevedra aprobaba o expediente para contratar o servizo de mantemento e prevención da lexioneloxe nos sistemas de calefacción e de auga quente sanitaria nos edificios municipais. A cantidade que se destina é de 246.000 euros divididos na intervención en centros de ensino (139.000 euros), instalacións deportivas (95.000) e noutras dependencias do municipio (12.000). Este contrato durará catro anos e o Concello investirá ao redor de 60.000 euros anuais como medida de prevención desta infección provocada pola bacteria Lexionella.
Tamén a Xunta de Goberno modificou o contrato de obra para rehabilitar o edificio da antiga escola dos Campos. Tino Fernández, que exerceu de portavoz municipal, sinalou que se está traballando sobre un inmoble antigo e apareceron problemas de carácter estrutural. Isto obrigou a incrementar o orzamento en 85.000 euros, elevando a 523.000 euros o investimento establecido para este proxecto. O prazo de execución é de cinco meses.
Ademais, aprobáronse as bases que regularán a convocatoria pública das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas nas Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) do núcleo de Estribela e do centro histórico da cidade.
Por último, concedíase licenza urbanística para construír un edificio de nove vivendas no número 29 da rúa Loureiro Crespo, nas proximidades á futura residencia para persoas maiores previsto no antigo Cuartel da Garda Civil.