Trasladan un home afectado polo fume ao tentar un incendio nunha vivenda de Seixo
Por Redacción
Un home foi trasladado na tarde deste xoves polos servizos sanitarios de urxencia ao resultar afectado por inhalación de fume cando trataba de extinguir un lume na cociña da súa vivenda.
Os Bombeiros do Morrazo, que acudiron ao lugar tras ser avisados polo 112 Galicia, confirmaron que ardeu a campá extractora e os mobles situados enriba da mesma e que todo o corredor da vivenda quedou afectado polo fume.
O 112 Galicia tivo constancia do incendio, sobre as 14:30 horas, grazas á chamada dun particular que indicaba que lle ardía a cociña á súa veciña, na avenida Otero Ulloa, en Seixo (Marín).
O alertante aseguraba que non había persoas afectadas, con todo, nada máis chegar os axentes da Policía Local ao lugar, solicitaron asistencia sanitaria para un veciño que ao tentar apagar o lume cun extintor inhalara fume.
Por este motivo, ademais dos Bombeiros do Morrazo e da Policía Local, o 112 Galicia notificou os feitos ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos efectivos de Protección Civil da localidade, ademais dos Bombeiros de Pontevedra.