Precipitacións durante a xornada do sábado que abrirán paso a un domingo soleado
A situación para esta fin de semana, segundo MeteoGalicia, prevese intermedia e bastante cambiante. Isto débese a un anticiclón situado sobre as Azores e unha borrasca profunda situada no atlántico norte que achegará á costa das Rias Baixas aire frío e húmedo.
O ceo durante esta fin de semana alternará períodos con nubes e claros con outros ocasionalmente moi anubrados, pouco anubrados ou despexados. Aparte das precipitacións na xornada do venres pola mañá prevese que chova dende o venres pola noite ata o sábado pola tarde.
As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas de 5º con descenso lixeiro e máximas de 15º que se manterán sen apenas cambios. O vento prevese que se manteña en calma durante toda a fin de semana.
A xornada deste venres 12 de marzo comezou con leves precipitacións e tempo bastante frío, cunha mínima de 7º que irá subindo ata chegar a unha máxima de 15º. O tempo do venres pola tarde espérase máis suave e seco sen precipitacións ata a chegada da noite.
O sábado espérase que comece con chuvia que se manterá ata a tarde. As mínimas para este día serán as máis moderadadas da fin de semana con 9º e con máximas, sen apenas cambios, serán de 14º.
Na xornada do domingo o día comezará con nubes e claros e cunha mínima probabilidade de precipitacións, como moito ata mediodía, para abrir paso a unha tarde que se espera totalmente despexada. As mínimas volverán baixar ata alcanzar os 5º e as máximas seguiranse mantendo en 15º.
Para o comezo da semana que vén se espera un tempo máis cálido e seco, con temperaturas en lixeiro ascenso e ceos con alternancia de nubes e claros e totalmente despexados. Os ceos manteranse así ao longo da semana, aínda que as temperaturas volverán baixar lixeiramente a medida que pasen os días.