![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/50f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5386fb2ccc-accidentesagasta-frayjuannavarrete-antonioferna-ndez.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva - Anfer
Chamativo accidente en Sagasta
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os viandantes que transitaban a primeira hora da mañá deste luns 29 de outubro polo centro de Pontevedra fóronse detendo sen excepción ante un rechamante accidente na rúa Sagasta.
O sinistro produciuse sobre as 8.30 horas na intersección entre as rúas Sagasta e Frai Juan Navarrete e saldouse cunha muller ferida con carácter leve que tivo que ser trasladada ao Hospital Domínguez.
Segundo indicou a Policía Local, a orixe do accidente foi supostamente unha imprudencia do condutor dunha furgoneta. Saltouse o 'Ceda o Paso' da rúa Frai Juan Navarrete xusto no momento no que circulaba pola rúa Sagasta un turismo.
A consencuencia desa manobra, a furgoneta chocou co turismo e ambos os vehículos sufriron danos materiais na súa parte dianteira. A condutora do turismo resultou ferida.
Os vehículos permaneceron varios minutos obstaculizando a rúa Sagasta, ata a chegada ao lugar da Policía Local e unha ambulancia do 061. Apenas deixou retencións debido ao escaso tráfico que había na zona a esas horas da mañá.