Vilagarcía tramita nunha semana 23 denuncias por incumplir as normas covid, a maioría na hostelería
Por Redacción
Os axentes da Policía Local de Vilagarcía tramitaron os días 15 e 21 de marzo un total de 23 denuncias polo incumprimento na normativa anti- covid. Delas, máis da metade impuxéronse o sábado e a maioría delas tiveron que ver con algún grao de incumprimento por parte dos establecementos hostaleiros.
Nese período de tempo houbo, ademais, tres denuncias por non usar máscara, catro por non respectar o toque de queda e dous por reunións non autorizadas de persoas non conviventes en senllos domicilios.
No caso das denuncias aos establecementos hostaleiros, a gran maioría referíronse a non usar todas as mesas e cadeiras que están autorizadas na licenza de ocupación, sinalizando cales poden usarse e cales non, marcando así as distancias de seguridade. Outros incumprimentos tiveron que ver coa superación do aforo permitido, ou sinalar nun cartel un aforo que, á vista do espazo dispoñible, é imposible, pero tamén por servir nas barras do bar ou non ter á vista o obrigatorio cartel coa ocupación máxima autorizada e o código QR.
No resto dos días, as denuncias apenas chegan a 2 por xornada o que, a criterio do goberno local, vén ratificar que, con carácter xeral, tanto os veciños como os hostaleiros son plenamente conscientes das normas e cúmprenas.