Cerdedo-Cotobade inicia en Almofrei un catálogo de roteiros de sendeirismo saudables
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade inicia en Almofrei a posta en marcha dunha iniciativa saudable que ten como obxectivo fomentar a actividade física entre a poboación dun modo accesible, seguro e atractivo. Baixo o lema "Roteiros Saudables", o proxecto ofrece un catálogo de circuítos de sendeirismo en lugares como Almofrei, Carballedo, Viascón, Borela, Cerdedo ou Quireza.
A iniciativa, presentada este xoves polo alcalde, Jorge Cubela; e o encargado das instalacións deportivas municipais, Óscar Barreiro; xorde coa intención de poñer ao alcance de calquera persoa un carreiro para poder camiñar percorrendo diferentes roteiros perfectamente sinalizadas que permiten visitar espazos de recoñecido interese natural, cultural, arquitectónico ou social.
Para deseñar estes itinerarios, o Concello recorre á colaboración veciñal para establecer os percorridos máis adecuados e que dean resposta a unha serie de parámetros que os fagan recomendables para a práctica da actividade física. Que sexan circulares, que non superen os 6 quilómetros ou que a duración rolde os 50 minutos son atributos que busca o goberno local para ampliar o seu mapa.
As características de cada roteiro estarán perfectamente explicadas a través dun panel informativodonde figurará a lonxitude, o tempo estimado e unha serie de recomendacións. A intensidade catalogarase como moi baixa, baixa, moderada, vigorosa ou moi vigorosa e establecerase en función das posibilidades de falar durante o percorrido. "Se non hai dificultade para falar, se se pode falar de forma cómoda ou se se fala con dificultade", explican desde o Concello uns parámetros que determinan a dureza do roteiro.
Relacionadas:
-
Once roteiros saudables de Cerdedo-Cotobade, a punto para recibir camiñantes durante a ponte
Por Redacción |
-
Recollida de sinaturas de cesión dos terreos para a execución da obra na estrada de Almofrei
Por Redacción |
-
Novos roteiros de sendeirismo saudables en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade recupera a Ruta das Pontes do Lérez para explotar o seu potencial turístico
Por Redacción |
-
Cubela promete melloras turísticas, viarias, tecnolóxicas e enerxéticas en Cabenca e Revolta
Por Redacción |