Novos roteiros de sendeirismo saudables en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade continúa coa posta en marcha dos roteiros saudables cun novo percorrido que ten como punto de partida e chegada a Praza do Concello, en Cerdedo, e unha lonxitude circular de 5,5 quilómetros que discurren por bosques do val do Lérez.
A ruta xa foi sinalizada, acondicionada e cartografiada. Abarca unha pequena parte do núcleo urbano de Cerdedo, por diante da igrexa parroquial de San Xoán, para logo adentrarse nas paraxes desde as que se poden descubrir vistas do río Lérez e con cómodas pendentes. Ten cómodas pendentes que fan que esta ruta teña unha dificultade baixa.
Estos roteiros arrancaron en Semana Santa co de Almofrei que, segundo o Concello, foi un auténtico éxito de participación non só veciñal senón de visitantes da contorna que disfrutaron das paraxes do río, a ponte medieval e da variada biodiversidade.
O proxecto xurdiu coa intención de poñer ao alcance de calquera persoa cunha condición física normal un sendeiro para poder camiñar ou facer deporte percorrendo diferentes rutas perfectamente sinalizadas que permiten visitar espazos de recoñecido interese natural, cultural, arquitectónico ou mesmo polo seu carácter social para os practicantes.
As características da ruta están explicadas a través un panel informativo onde figura a lonxitude, o tempo estimado a invertir no seu percorrido a marcha normal, así como unha serie de recomendacións entre as que están a hidratación, o quentamento e os estiramentos.
Segundo o alcalde Jorge Cubela, a ruta de Almofrei foi un "éxito sorprendente" e "fai que nos animemos a ter canto antes as demais sendas previstas neste proxecto que irmanda a natureza co exercicio físico accesible para todo tipo de persoas e condicións".
Para coñecer e facer un seguemento destes roteiros, o Concello de Cerdedo-Cotobade habilitou un acceso en redes sociais: facebook, instagram e un blog.
Relacionadas:
-
Once roteiros saudables de Cerdedo-Cotobade, a punto para recibir camiñantes durante a ponte
Por Redacción |
-
Revitalizan a ruta Frei Martín Sarmiento con saída e chegada desde o centro de Cerdedo
Por Redacción |
-
Circuítos de turismo saudable, proposta dos alcaldes de Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade inicia en Almofrei un catálogo de roteiros de sendeirismo saudables
Por Redacción |