O Porto de Marín reduce taxas ás empresas para paliar os efectos da crise
Por Redacción
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria aprobou este xoves diversas medidas económicas para paliar os efectos que a crise do coronavirus causou na actividade de diferentes empresas portuarias.
Trátase dun paquete de resolucións sobre as medidas para a redución de taxas en autorizacións e concesións do porto. Entre elas, reducións en taxas de ocupación, actividade ou tráficos mínimos.
Ademais, o presidente da Autoridade Portuaria informou os membros do consello dos movementos de tráfico portuario nos dous primeiros meses do ano, onde se rexistrou un incremento do 1,10% con respecto ao ano anterior.
O consello tamén aprobou o alleamento dunha embarcación en situación de abandono e o prego que rexerá o procedemento. Trátase dunha embarcación semicabinada polivalente, sen motor e en estado de deterioración.