Caldas de Reis reurbanizará a travesía Dona Urraca ocupando terreos cedidos pola Garda Civil
Por Redacción
Ata 418 metros cadrados ten a parcela que cederá a Garda Civil, en terreos do seu cuartel, ao Concello de Caldas de Reis para ampliar e urbanizar a Travesía de Dona Urraca.
O convenio de cesión formalizouse este martes coa sinatura do alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, e o coronel xefe da comandancia de Pontevedra, Simón Venzal. No acto estivo tamén a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba.
A mellora desta travesía está enmarcada no proxecto de recuperación de espazos e mellora da mobilidade peonil na estrada EP-8005, impulsado pola Deputación de Pontevedra e que suporá un investimento global duns 445.000 euros.
Entre os bens do cuartel afectados por esta cesión atópanse o muro perimetral, un almacén e a zona de aparcamento. A cambio, o Concello permutará estes terreos por outros de titularidade municipal que permitirá á Garda Civil ampliar os seus estacionamentos.
O rexedor destacou que o proxecto permitirá poñer en valor unha contorna "moi querida polos caldenses" coa mellora e desenvolvemento da entrada do Camiño de Santiago en Caldas.
Ademais, esta intervención servirá para garantir a accesibilidade ao futuro centro de saúde e avanzar cara a transformación desta zona nun núcleo de centralidade en Santa Marta.
A reurbanización levarase a cabo mediante a substitución dos pavimentos e beiravías existentes por outros máis adaptados e integrados no espazo urbano.
Así mesmo, contémplase un empedrado que dignificará a contorna da igrexa de Santa María, o acondicionamento do cemiterio próximo e a colocación de novos elementos de mobiliario urbano e de xardíns.
Relacionadas:
-
A Deputación financiará a transformación da Travesía Dona Urraca, en Caldas de Reis
Por Redacción |
-
A reforma da Travesía Doña Urraca, en Caldas, custará 445.000 euros e executarase en 2022
Por Redacción |
-
Aprobado o Plan de Infraestruturas e Dotacións da parcela destinada ao novo centro de saúde de Caldas
Por Redacción |
-
Luz verde ao informe ambiental para o novo centro de saúde de Caldas
Por Redacción |
-
Caldas lembrará o 850 aniversario do asasinato do arcebispo de Canterbury e mellorará a súa igrexa, Santo Tomás
Por Redacción |
-
O Concello de Caldas de Reis e a Garda Civil acordan permutar uns terreos
Por Redacción |