A Consellería contesta á Plataforma de Lourizán sobre o proxecto de "Saneamento do Río Lameira"
Por Oskar Viéitez
A Consellería de Infraestrutura e Vivenda ven de sair ao paso dun artigo de opinión asinado pola Plataforma de Lourizán, para facer unha serie de aclaracións que considera precisas sobre o novo proxecto de "Saneamento do Río Lameira".
Por unha banda, a Consellería lembra que o convenio asinado entre a Xunta e o Concello de Marín ten por finalidade actuar no treito do río Lameira que non vai soterrado, en contra do que afirma a Plataforma. No seu artigo, este colectivo sinalaba que "a Xunta de Galicia pretende levar a cabo en colaboración co Concello de Marín, concretamente no tramo urbano, onde vai enterrado".
Dende o departamento de Infraestructuras que dirixe a conselleira Ethel Vázquez destacan que "as obras pretenden evitar a infiltración de augas pluviais na rede de saneamento, xusto o que a Plataforma sinala como imprescindible".
En concreto, as actuacións programadas consisten en reducir a elevada infiltración existente. Para iso, retirarase o colector do cauce e proxéctanse actuacións de recuperación, instalando o novo colector fóra da zona de servidume con acceso para mantemento a través dunha senda que, ademais, poderá empregarse como paseo fluvial.
Ademáis estes traballos permitirán desconectar a rede de pluviais mediante varias actuacións puntuais que van retirar un volume importante de augas actualmente conectadas.
A actuación tamén eliminará a entrada de auga de mar mediante os aliviadeiros do bombeo actual de Lameira e contempla a reparación do bombeo proxectando a súa remodelación para facilitar o seu mantemento e mellorar o equipamento sen aumentar o caudal.
Relacionadas:
-
A Xunta autoriza expropiacións para mellorar o saneamento do río Lameira
Por Redacción |
-
As obras de saneamento no ámbito do río Lameira durarán un ano
Por Redacción |
-
Axilízanse os trámites para acometer as obras de mellora da rede de saneamento na contorna do río Lameira
Por Redacción |
-
O saneamento do río Lameira inclúe a construción dunha pista de skate e BMX
Por Redacción |