Obras na Estación de Autobuses
© PontevedraViva
VÍDEO.- As obras da estación de autobuses están executadas ao 60% e rematarán este verán
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/4c5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/606c394f53-20210406-feijoo-visita-obras-estacion-autobuses-rueda-ethel-vazquez-lores-0009.jpg)
© Isabel Feijóo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/50e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/606c394fc6-20210406-feijoo-visita-obras-estacion-autobuses-rueda-ethel-vazquez-lores-0010.jpg)
© Isabel Feijóo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/b46/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/606c395463-20210406-feijoo-visita-obras-estacion-autobuses-rueda-ethel-vazquez-lores-0020.jpg)
© Isabel Feijóo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/fea/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/606c3955df-20210406-feijoo-visita-obras-estacion-autobuses-rueda-ethel-vazquez-lores-0023.jpg)
© Isabel Feijóo
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores supervisaron este martes o avance dos traballos da estación intermodal de Pontevedra.
Ethel Vázquez salientou que estas obras roldan o 60% da súa execución total, "polo que en verán esta infraestrutura estará á disposición de veciños e usuarios", logo dun investimento de 6 millóns de euros, dos que a Xunta achega 4,6 millóns.
A conselleira explicou que se están a executar dúas actuacións de xeito paralelo: a remodelación integral da estación de autobuses e o proxecto de adecuación para a intermodalidade.
Sinalou que a reforma integral da estación, que inclúe a renovación da fachada, cuberta, interiores e mellora das instalacións, está avanzada. Indicou que os próximos traballos serán os pavimentos e revestimentos, xunto coa intervención na fachada.
En canto ao proxecto de intermodalidade, subliñou que a praza de acceso fronte á estación de autobuses para conectar as dúas estacións está xa practicamente rematada. Sinalou que tamén se está a executar o itinerario peonil entre as dúas estacións, coa estrutura da pasarela xa visible, e o novo acceso de autobuses desde Josefina Arruti.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernandez Lores amosou a súa "satisfacción" por este proxecto e referiuse nomeadamente a que este novo acceso e o peche do ramal actual de entrada á estación, que está previsto no mes de maio, permitirá "destapar" o río Gafos e poñelo en valor, adecuando toda a súa contorna e gañando un novo espazo público de gran valor ambiental.
Fernández Lores sinalou que todas as peticións que fixo o Concello se recolleron no proxecto.
Pola súa banda, Alfonso Rueda destacou o compromiso da Xunta coa cidade, cun investimento de case 200 millóns de euros con grandes obras como a estación intermodal, o Gran Montecelo, o edificio de Benito Corbal ou as melloras no saneamento da ría, con proxectos como a mellora da depuradora dos Praceres ou o impulso ao novo emisario submarino.
Visita ás obras da Estación de Autobuses
© Isabel Feijóo