Normalización Lingüísitca do Concello e os institutos imparten charlas para reflexionar sobre o uso do galego
Por Redacción
A concellería de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, en colaboración cos equipos deste departamento dos centros educativos da cidade, programa un ciclo de conferencias dirixidas a persoas en idade escolar para promover a reflexión sobre a utilidade da lingua galega.
Estas charlas serán impartidas por membros da Mesa pola Normalización Lingüística e van dirixidas ao alumnado de ensino secundario, bacharelato e ciclos formativos. Polo momento, celebraranse de forma en liña e terá unha duración de 50 minutos.
Están programadas cinco charlas relacionadas co uso do galego no mundo empresarial, prexuízos e mentiras sobre a lingua galega, dereitos lingüísticos, a historia da lingua desde a democracia ou Galicia e as relacións cos países de lingua portuguesa.
A programación comeza este xoves con dúas conferencias e outra máis o venres no CIFP Carlos Oroza. Xa en maio, o ciclo continuará no IES Luís Seoane e o IES A Xunqueira I.
Relacionadas:
-
A Mesa levará a Europa a denegación dunha trámitación do Goberno ao Concello de Cambados por usar o galego
Por Oskar Viéitez |
-
Preocupación ante un estudo que amosa como só o 30% do alumnado de 4ª da ESO fala preferentemente en galego
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Recollidas 30.000 sinaturas para demandar unha canle Xabarín Club 24 horas
Por Isabel Feijóo Gallardo |
-
Abren o prazo para participar na V edición do certame de regueifas en vídeo
Por Redacción |
-
220.000 euros destinará a Deputación para fomentar a lingua galega en concellos e entidades culturais
Por Redacción |