O Congreso aproba a Lei de Cambio Climático por maioría e coa abstención do PP
Por Oskar Viéitez
O Congreso dos Deputados aprobou este xoves o proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética
A futura lei contou cos votos a favor de PSOE, Unidas Podemos, Cidadáns, Bildu, Teruel Existe e Esquerra Republicana; o Partido Popular e Más País abstivéronse e Vox foi a única formación que votou en contra.
No texto figurará finalmente o artigo 18 cos seus apartados 3 e 4, criticados pola Xunta ao entender que limitarán as concesións en terreos de dominio público marítimo terrestre.
A norma contou con máis de 750 emendas, entre elas unha formulada polo BNG ao artigo 18 da Lei de Cambio Climático que exceptuaba as actividades vinculadas ao sector pesqueiro e marisqueiro e que foi votada en contra polo PSOE, Unidas Podemos e o PP.
Agora o proxecto de lei ten pendente un último trámite no Senado e, dada a súa tramitación urxente, podería entrar en vigor este mes de abril.
A ministra Teresa Ribeira valorou o resultado desta votación como "una buena noticia" e apuntou que é "un primer paso fundamental para este país sobre el que debemos seguir construyendo".
A Xunta advertiu este mércores que levará o texto diante do Tribunal Constitucional apoiándose en dous informes elaborados pola Asesoría Xurídica da administración autonómica e do Consello Consultivo de Galicia.
Esta lei será a primeira norma en España para mitigar o quecemento global, incluíndo entre os seus obxectivos que España sexa un país libre de gases de efecto invernadoiro en menos de tres décadas, para iso acabará coa venda de coches contaminantes en 2040, modificará o sistema enerxético e eléctrico e prohibirá a explotación de hidrocarburos e a minería de uranio, entre outras cousas.
Relacionadas:
-
A APDR critica que os socialistas cedan "ás esixencias de ENCE" modificando a Lei de Cambio Climático
Por Oskar Viéitez |
-
Gonzalo Caballero afirma que "a situación de Ence en Pontevedra non cambiou coa aprobación da Lei de Cambio Climático"
Por Oskar Viéitez & Isabel Feijóo Gallardo |
-
Novo desencontro entre a Xunta e o Goberno pola Lei de Cambio Climático: unha carta e diferentes interpretacións
Por Redacción |
-
A conselleira de Medio Ambiente replica á ministra Ribera: "non enganamos desde a Xunta de Galicia, informamos"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Chío en galego da ministra Teresa Ribera defendendo a Lei do Cambio Climático: "Non mintan nin asusten á xente"
Por Redacción |
-
Desbotada no pleno provincial a proposta do PP para reclamar o cambio do proxecto da Lei do Cambio Climático
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Ence alega que o vídeo de Colmenares no que alerta da posibilidade dun "susto maiúsculo ambiental" é unha "gravación ilegal"
Por Redacción | Creada e actualizada