Unha semana para xogar coas matemáticas, dende fotos ata esopías
Por Redacción
O Departamento de Matemáticas organizou no IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra a Semana das Matemáticas, na que desenrolaron actividades como xogos de enxeño nos recreos para o alumnado da ESO e un concurso de lóxica no que participa o alumnado que cursa esta materia.
Conxuntamente co Departamento de Plástica, lanzaron o concurso de fotografía "Construíndo Matemáticas" e cos departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega o concurso de esopías.
Unha esopía é un texto como un relato, comentario ou poema, cunha lonxitude máxima de 140 caracteres onde cada palabra leva un número de letras coincidentes coas sucesivas cifras do numero π, é dicir: 3 1 4 1 5 9 2 6 5 3 5 8 9 7 9 3 2 3 8 4 6 2 6 4.
Na entrada do instituto, están expostas as esopías, as fotografías que optan a premio, así como as premiadas nos dous concursos.
Este venres 23 de abril será a entrega de premios que realizarase coincidindo coa celebración do Día do Libro.