Cada bar de Meaño recibirá 1.000 euros en axudas directas municipais
Por Redacción
Os hostaleiros e autónomos do municipio de Meaño recibirán 61.000 euros a maiores dos destinados polo Plan de Rescate da Xunta de Galicia. Segundo informou o alcalde, Carlos Viéitez, o Concello aportará uns 1.000 euros por establecemento, que se engaden aos que aportará a administración autonómica.
Viéitez confirmou que o Concello habilitará esta partida orzamentaria debido á situación precaria das familias do municipio "que o están pasando moi mal e precisan da nosa axuda xa".
Os establecementos hostaleiros que solicitaron e recibirán a axuda do segundo plan de rescate son 61, polo que o Concello contribuirá con 1.000 euros por cada un deles e tratar de paliar na mellor forma os efectos secundarios da pandemia da covid-19.
A subvención a recibirán de xeito áxil, pero para facerse efectivas o goberno municipal e a Xunta deberán asinar un convenio que permitirá, nas vindeiras semanas, que os establecementos hostaleiros que solicitaron a axuda a poidan recibir.
"Tomamos esta decisión de unir esforzos e recursos para que os nosos hostaleiros e autónomos non teñan que peregrinar de ventanilla en ventanilla. Pretendemos axilizar e que os cartos cheguen aos beneficiarios o antes posible", concluíu Carlos Viéitez.