PontevedraViva.com estrea dous novos servizos no seu portal web
Por Redacción
Este 1 de outubro cúmprese o primeiro ano da chegada de PontevedraViva.com. Doce meses ofrecendo un periodismo local, rigoroso e comprometido que contou dende o primeiro momento co apoio incondicional de miles de lectores. Con motivo deste aniversario, PontevedraViva.com lanza dúas novas utilidades na web.
A primeira é a publicación dunha guía cos teléfonos de interese ou de máis frecuente consulta: urxencias, transportes, taxis, emerxencias, entre outros.
A segunda é un servizo de anuncios gratuíto. Trátase dunha plataforma de anuncios clasificados para os que desexen buscar traballo, regalar, alugar, comprar e vender na súa cidade e cara a cara.
A publicación dun anuncio é moi sinxela, basta con rexistrarse e encher un formulario cos datos do anunciante para que aquela persoa interesada no anuncio se poida poñer en contacto.
O anuncio será revisado antes de ser dado de alta.
O formulario a cumprir aparece na propia sección e ofrece a posibilidade de resaltar o anuncio mediante unha fórmula de pagamento.
Ademáis mellorouse a información do tempo. Da man de MeteoGalicia ofrecese una previsión polo miudo para cada localidade e un texto explicativo da predicción para toda Galicia.
Con estes dúas novas utilidades PontevedraViva.com reafirma a súa aposta por un xornalismo de proximidade e o seu compromiso como medio local con todos os seus lectores.