O persoal do ximnasio de Pontemuiños anuncia mobilizacións se a empresa non cumpre coa subida salarial
Por Redacción
O cadro de persoal de Sidecu en Pontevedra, que xestiona os ximnasios de Pontemuíños e as 24 horas do centro urbano pontevedrés, anuncia mobilizacións se ao longo deste mes a empresa non procede a actualizar os salarios, tal e como establece o convenio galego.
Os representantes sindicais do persoal, dous de CIG e un de CC. OO, explican que parte dos traballadores continúan no erte a pesar de que a compañía reabriu as súas intalaciones o 26 de febreiro. Ademais, denuncian que a dirección non procedeu á subida dos soldos, que debe ser do 2,5 %.
Por iso, os delegados de persoal remitiron un escrito á empresa que non obtivo resposta. Logo interpuxeron unha denuncia en Inspección de Traballo e lograron o compromiso de que "a empresa ía pagar o acordado". Con todo, os traballadores dan de prazo ata final de maio para a que asina cumpra o seu compromiso, pola contra iniciarán mobilizacións.
En Pontevedra, as persoas afectadas por esta situación son 25: os vinte traballadores do ximnasio de Pontemuíños e os 5 das 24 horas. A empresa xestiona instalacións deportivas noutras localidades galegas que, segundo os representantes sindicais, tampouco viron os seus salarios actualizados.