Os populares preguntan ao Goberno pola reforma do nó de bombeiros: "Debería estar en marcha"
Por Redacción
A reforma do nó de bombeiros foi un dos temas tratados polo Partido Popular de Pontevedra durante a reunión celebrada esta semana entre os deputados nacionais Ana Pastor, Diego Gago, Javier Bas e Juan Constenla, a senadora Pilar Rojo e o voceiro local de Poio, Ángel Moldes.
Os populares acordaron preguntar ao Goberno central polos prazos que manexan para esta infraestructura e esixirán que axilicen o proxecto de reforma ao tratarse dunha zona "moi complexa, na que se xuntan dous termos municipais e polo que circulan cada día milleiros de vehículos".
Anteriormente, Rojo rexistrou no Senado unha pregunta na que pide que se explique se existe o proxecto e se manexan un prazo de obra, que "descoñecemos absolutamente", explicou. "Só temos unha declaración de intencións, pero a día de hoxe nin un só avance, nin unha soa decisión que nos faga pensar que hai intención real por executala".
Pola súa banda, Moldes engadiu que dende Poio queren "coñecer as razóns polas que aínda non comezaron as obras" e considera que a infraestructura "debería estar xa en marcha".
Finalmente, o PP recorda que nos orzamentos do Goberno de Rajoy xa destinaba unha partida para poñela en marcha, e critican a "xestión deste goberno, que está castigando á provincia".
Relacionadas:
-
O PP denuncia o "atraso generalizado" das obras do Goberno central en Pontevedra e o "ninguneo del PSOE con la ciudad"
Por Oskar Viéitez |
-
A presidenta da Deputación pídelle ao Estado "axilidade" na rebaixa das peaxes da AP-9
Por Oskar Viéitez |
-
O si do BNG a Sánchez inclúe a reforma do nó de Bombeiros e a transferencia da AP-9 a Galicia
Por Alejandro Espiño |